Skip links

PISANDO OVOS

Give it a spin | Espectáculo de rúa

25 minutos + 45 de sesión Dj

 

Sinopse

Give it a spin é a proposta de Pisando Ovos para espazos non convencionais na que música e movemento, dende os seus estados máis puros, encóntranse a través do diálogo entre un DJ e unha bailarina.

Unha conversa basada no darlle unha volta, no xiro continuo, na repetición e transformación do movemento e do son. Un encontro onde os corpos se soportan e resisten baixo a forma dun abrazo continuo. Para a ocasión contamos coa colaboración especial do DJ Jas Processor.

 

Creación Rut Balbis

Interpretación Jas Processor e Rut Balbis

Produción Manu Lago · Galicia Danza Contemporánea

 

Compañía

Compañía de danza contemporánea desde o 2004, residente do Teatro Ensalle de Vigo e dirixida por Rut Balbís. A base do seu proxecto artístico é a búsqueda dunha linguaxe artística propia desde o traballo co corpo e o movemento a través da creación escénica contemporánea, reflexada no seu interese polo tratamiento das imaxes e dos tempos lentos.

Ata agora, son nove as creacións coas que conta a compañía e coas que participa de forma habitual nas Redes de teatros autonómicas e nacionais, así como nalgúns dos festivais nacionais ou internacionais máis destacados do panorama actual das artes do movemento.

 

Directo 9, Teatro Ensalle, Vigo, 2018

Give it a spin, Centro Cultural Conde Duque, Madrid, 2015

Peza 7, Teatro Ensalle, Vigo, 2014

Que volvan as flores, Teatro Ensalle, Vigo, 2014

Tres, Pazo da Cultrua de Narón, 2009

Menos 1, Teatro Ensalle, Vigo, 2008

30000, Salón Teatro, Santiago de Compostela, 2007

No intre 1800, Teatro Ensalle, Vigo, 2006

Con permiso, MARCO Vigo, 2006

N8OHX, Teatro Ensalle, Vigo, 2005

 

Recibe o primeiro premio do XXI Certamen Coreográfico de Madrid no 2007 cun extracto da súa peza No Intre 1800.

 

www.pisandoovos.com