Camelle (Camariñas)
Esta escolla veu dada polo contexto e pola ampla presenza de asociacións e colectivos desta parroquia que se atopan activos traballando para e co territorio.
Así é como coñecemos os proxectos A Casa no Alto, Mar de Fábula, Asociación de Naufraxios Galegos e Asociación Folja da Faneca. Catro colectivos e proxectos referencias para o seu contexto que traballan para dinamizar, recuperar a memoria e coidar o territorio. [/ld_section_title]
Carballo
Neste concello achegámonos á comunidade vinculada á música e á danza tradicional, coñecendo ás asociacións; Arume, Nemeth, Escola do Alprende de Oza e San Campio de Cances. [/ld_section_title]
Carnota
En Carnota tamén se traballará co alumnado de 2º e 3º da ESO do I.E.S. Lamas do Castelo, para poñer en movemento á veciñanza mais nova.[/ld_section_title]
Mazaricos
Tamén existe no territorio un colectivo adicado á recuperación da Danza de Arcos, unha danza de entroido de tradición histórica na contorna.
O proxecto tamén visita o C.P.I. Plurilingüe da Picota, e traballará co alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria.
[/ld_section_title]
Ponteceso
Tamén estamos a traballar coa Asociación de Redeiras Illa da Estrela de Corme, un colectivo de mulleres traballadoras cunha importante reivindicación profesional e unha innovadora aproximación ao traballo.
En Ponteceso achegamos a danza ás diferentes xeracións que habitan o territorio. [/ld_section_title]
