Félix Fernández
Xavier a través de min | Espectáculo de danza
50 min
Xavier a través de min é un proxecto de artes vivas de corte autobiográfico e non documental co que Félix trae ao presente o legado inmaterial que o seu irmán Xavier Fernández lle deixou en vida, e liberar todo o sedimento da vida do seu irmán nel. As principais ferramentas para vehicular este contido tan emocional son a danza, o espazo sonoro-musical, a voz, o texto e a instalación, que mesturadas compoñen unha experiencia vivencial moi próxima a un lugar de intimidade case confesional, onde atopar un espazo de liberación enerxético pouco habitual. Xavier Fernández traballou ata a morte en relación á consciencia, era psicólogo, criminólogo, investigador e psiconauta, profesor de ioga, de meditación, e tamén guía en procesos de procura interior.
Creación, dirección, interpretación: Félix Fernández
Asesoría de movemento: Rut Balbís
Coach e arteterapeuta no proceso: Raquel Calvo
Esta obra contou co apoio da convocatoria de «Atopémonos bailando», e a Casa Vella de Amiadoso (PICE).
Músicas:
Venus in furs – Velvet Underground, Nico
Deep blue day – Brian Eno
Purple (T-World Remix) – GusGus
The sky was pink (Icelandic Version) – Nathan Fake
Sabotage – Beastie Boys
The Bells – Jeff Mills
Emerald and Stone – Brian Eno, Jon Hopkins, Leo Abrahams
Vídeo Teaser
Vídeo «Xavier a través de min»
Práctica de movemento con mulleres de clase de Ioga
Nesta práctica de hora e media de duración vaise activar a consciencia corporal para desenvolver a atención que poñemos en cada unha das partes á hora de movernos polo espazo. A intención será a de transitar por diferentes estados do corpo, e diferentes posturas básicas do día a día para incorporar novas formas de experimentar eses traxectos cotiáns e levalos a un lugar coreográfico. Finalmente construiremos unha secuencia mínima de movementos coa intención de interiorizala de forma orgánica na nosa forma de movernos.
Faladoiro coas asociacións Universidade Cromática e Boca de Sapo
Neste encontro non só pretendo explicar como foi o proceso de traballo de “Xavier a través de min”, proceso no cal a miña autobiografía é o lugar desde onde parto para desenvolver artisticamente un proxecto, senón que me interesa mostrar como o fixen no pasado, mostrando exemplos e facendo unha análise de como certos substratos vivenciais poden ser o lugar de orixe dunha obra artística, e mostrando diferentes formas de aproximarse a estes.
Sobre Félix Fernández
Félix Fernández (Lugo, 1977) é artista multidisciplinar licenciado en Belas Artes e cunha formación complementaria en danza contemporánea, performance e produción sonora. A súa obra caracterízase por explorar linguaxes híbridos e transdisciplinares, cun enfoque nas artes vivas, abordando a creación artística a través dun profundo análise e cuestionamiento da nosa sociedade poñendo o foco en cómo nos afectamos por cuestións sociopolíticas, tecnolóxicas, medioambientais ou relativas aos medios de comunicación cando traspasan a esfera do público, filtrándose nos aspectos máis íntimos e existenciales das nosas vidas.O seu traballo funciona coma un espello no que o espectador pode sentirse reflexado.
Recibiu apoio para os seus proxectos a través de residencias artísticas en lugares como a Casa Encendida, o Espazo DT de Madrid, A Casa Vella de Allariz, o centro Azala en Vitoria e o Centro Coreográfico Galego. As súas performances foron presentadas en prestixiosos espazos culturais como o CCCB de Barcelona, o Instituto Cervantes de Tokio, o CCA Center of Contemporary art of Tel Aviv, o CGAC de Santiago de Compostela, o Festival Escenas do Cambio, o Festival TNT de Terrassa, Matadero Madrid, a Casa Encendida, o Teatro Rosalía de Castro de A Coruña, o Teatro Principal de Santiago de Compostela e o GrimmMuseum de Berlín, entre outros.