Skip links

Colectivo VACAburra

© Andrea Quintana

Ruar | Espectáculo de rúa

30 minutos

 

RUAR é a nova proposta de VACAburra para rúa e espazos non convencionais. Ruar como divertimento e como xogo. Unha peza para dous corpos sobre a imaxinación do movemento no espazo público. Un paseo escénico en forma de viaxe sonora danzada. Unha excursión de corpos libres, ouvidos abertos e sorriso gozoso.

Andar polos camiños e rúas paseando, enredando, deixando que o corpo sexa o que propón o percorrido, sen obxectivo final na ruta, unha deriva, un pasear, un deixarse sorprender polo que acontece no espazo. Un itinerario extraviado polo corpo, pola música e os sons. Un encontro entre dous corpos, corpos que atopan un terreo de xogo común: o espazo público como marco e escenario.Ruar como un acto de investigación, saír do espazo privado, o paseo como un feito relevante, unha ensoñación que se pode converter nunha experiencia transformadora. 

Interpretación: Davide González & Andrea Quintana

Coreografía: Andrea Quintana

Dirección: Gena Baamonde 

Espacio sonoro: Davide González

Obradoiro para o alumnado do IES Pedra da Aguia

Neste obradoiro queremos facer unha achega a algunha das ferramentas de experimentación que estivemos a traballar na residencia de creación da peza ‘RUAR’.  O obxectivo principal e palillear o movemento e chegar a converternos en verdadeiras crebeiras do son.

RUAR  como unha proposta aberta, un andar polas rúas paseando, enredando, deixando que o corpo sexa o que propón o percorrido, sen obxectivo final na ruta, unha deriva, un pasear, un deixarse sorprender polo que acontece no espazo. Un paseo escénico en forma de viaxe sonora danzada, un itinerario extraviado polo corpo e polo son, un encontro entre corpos, corpos que atopan un terreo de xogo común: movemento, espazo e son.

  

Colectivo VACAburra

VACAburra é o resultado da colisión de dúas artistas, unha vaca e unha burra, Andrea Quintana ·la variopinta· e Gena Baamonde ·mullerona· quenes unen as súas inquiedanzas e traxectorias nun proxecto común que xira en torno á creación escénica e coreográfica en clave contemporánea. O seu traballo está atravesado por unha mirada transfeminista do mundo co corpo como accionador principal das súas creación, unha danza política co humor como ferramenta necesaria.  

Para elas VACAburra é un intentar intentando, un baile continuo, un camiño de tenacidade en avance imparable. Saltar o valado do prado, abrir fendas nos muros, forza bruta en estado salvaxe.

 

Web e redes sociais

www.vacaburra.com

Vacaburra

Andrea Quintana