Skip links

Corcubión

Programa Corcubión


Martes 21 de maio de 2024

 

PRÁCTICA DE MOVEMENTO COAS MULLERES DAS CLASES MUNICIPAIS DE IOGA

Nesta práctica de hora e media de duración activaremos a consciencia corporal para desenvolver a atención que poñemos en cada unha das partes á hora de movernos polo espazo. A intención será a de transitar por diferentes estados do corpo, e diferentes posturas básicas do noso día a día para incorporar novas formas de experimentar eses traxectos cotiáns e levalos a un lugar coreográfico. Finalmente construiremos unha secuencia mínima de movementos coa intención de interiorizala de forma orgánica na nosa forma de movernos. 

📍Casa da Cultura de Corcubión

 


Venres 24 de maio de 2024

 

18:00h  – CONVERSA ABERTA

Conversa aberta ao público con Félix Fernández introducida por parte do alumnado de antropoloxía e oratoria do IES Fernando Blanco de Cee coa mediación das Asociacións Universidade Cromática das Virtudes e Boca de Sapo.

📍Casa da Cultura de Corcubión

 


Sábado 25 de maio de 2024

 

11:30h – Obradoiro de danza

Obradoiro de danza impartido por Ánxela Blanco e Beatriz Rubio, compañía AB.íO,  para as familias da Plataforma Reiseñores

📍CAMPO DE SAN ROQUE, A REDONDA

(En caso de chuvia Casa da Cultura de Corcubión)

 

19:00h – Espectáculo de danza en rúa

Reikiavik” da compañía AB.íO

📍Diante da Igrexa de San Marcos

(En caso de chuvia Casa da Cultura)

 

21:30h – espectáculo de danza 

Mostra do espectáculo en proceso «Xavier a través de min» de Félix Fernández

📍Casa da Cultura de Corcubión

Idade recomendada +12 anos

 


  • Actividades de balde e sen reserva previa
  • Espectáculos para todos os públicos
  • Intérprete de lingua de signos en todos os espectáculos

Necesitas accesibilidade? Algunha dúbida? Escríbenos a escoradanza@gmail.com 

Félix Fernández | Xavier a través de min