Skip links

Fran Sieira e Asociación Cultural Adro

LEA | Espectáculo de danza

“cousa ou conxunto de cousas envoltas ou mesturadas desordenadamente, que resultan difíciles de desenvolver ou separar. Asunto ou situación difícil de resolver. Enfrontamento entre dúas ou máis persoas no que hai berros, discusións etc. Situación en que hai moito ruído, confusión e desorde.”

Real Academia Galega

Vivimos nun mundo de conflito constante. Guerras devastadoras amenazan a nosa existencia como ser humano. O ruído constante e a confrontación encamíñannos a unha perda de humanidade.

Lea fala dese conflicto e dese ruído fronte ao respeto e a empatía. Visibiliza unha realidade que debemos afrontar xuntas para construir unha sociedade moito máis amable para todas e todos e loitar por unha coexistencia unidas.
Dirección artística: Fran Sieira
Elenco: Asociación Cultural Adro, Baio
Música: Asociación Cultutal Adro, Baio
Vestiario: Fran Sieira e Asociación Cultural Adro

Sobre o proceso 

O proceso de creación constou de 4 sesións nas que a agrupación experimentou con técnicas do movemento máis propias da danza contemporánea. Outra parte fundamental das sesións foi a revisión do seu material coreográfico partindo dunha descontextualización do seu propio movemento como agrupación folclórica e levalo a un marco contemporáneo onde a través da súa linguaxe fomos abordando o proceso creativo e construindo a nosa propia Lea.

Sobre Fran Sieira Compañía de Danza 

Fran Sieira Compañía de Danza fundamenta o seu traballo nunha revisión do folclore galego dende un marco contemporáneo. A compañía estuda o movemento a través do baile tradicional galego e utilízao como o seu principal mecanismo de expresión, creando unha linguaxe do movemento de vangarda como reflexo da nosa tradición.

Dende o 2017, e a través da creación colectiva, achega proxectos artísticos con vocación social e con moi boa acollida entre o público. Desde as marxes, a compañía crea espectáculos que teñen a vontade de xerar conciencia social e devolverlle á sociedade aquilo co que a inspirou.

 

Sobre Asociación Cultural Adro, Baio

A Asociación Cultural Adro nace en Baio, porta de entrada á Costa da Morte en 1980, da man dun grupo de amigos que loitaba pola dinamización da faceta cultural da vila. Na actualidade, o seu traballo céntrase no mantemento, difusión e transmisión da música e baile tradicional galegos, así como actividades lúdicas arredor da nosa cultura tradicional. Conta con agrupacións instrumentais, de pandeireta e canto e de baile, levando o seu son por lugares recónditos como a Arxentina ou Suíza.

Tal é a identificación de Adro con Baio que grande parte da vida cultural da vila xorde ou conta coa colaboración da Asociación. Presentacións de libros, organización de cabalgatas de Reis e Entroido, viaxes culturais e gastronómicas… Tamén no xurdimento de Badius, compañía de teatro baiesa que segue na actualidade sendo referente teatral na bisbarra.

 

Web e redes sociais

Fran Sieira Compañía de Danza

Asociación Cultural Adro de Baio