Alumnas das clases de movemento da Picota con Anuska Fernández
Equinoccio | Espectáculo de rúa
Equinoccio é unha peza desenvolvida polas alumnas das clases de movemento da Picota con Anuska Fernández.
Participan: Clementina Lado, M.Carmen Lado, Hermosinda Cerbán, Manuela Gonzalez, Esther Muiño, M.Carmen Cancela, Consuelo Gonzalez, Maria Caamaño, Carmen Esperante, Florentina Ramos, M. Carmen Lado Villar, Mariluz Jurjo, Concepcion Senra, Dolores Atán, Estrella.
Sobre Anuska Fernández
Anuska Fernández é bailarina, coreógrafa e profesora de danza, pilates e ioga. Comeza a súa formación en ballet, flamenco e jazz entre Madrid e Tenerife. Titulada superior en danza contemporánea, coreografía e educación pola Middlesex University of London, amplia os seus estudos académicos cun posgrao en teatro físico pola Royal University of London. Paralelamente á súa carreira de danza, fórmase como profesora de pilates en Londres e finalmente de ioga en Rishikesh, India.
O seu estilo ecléctico fusiona a danza contemporánea, a improvisación e o teatro con outras formas máis tradicionais como o folclore, o flamenco ou os bailes latinos. A linguaxe física que utiliza medra a partires da observación das persoas, da introspección e da realidade social. Interésalle a danza como mecanismo social e humanista e contar historias que están escondidas no noso corpo, as contradiccións e a mestura de realidade, ficción, loucura e humor.
Como coreógrafa e bailarina presenta os seus traballos en teatros pioneiros de danza comtemporánea londinense como The Robin Howard Dance Theatre, Lilian Baylis Theatre e crea proxectos inclusivos para o Big Dance, Action for Kids ou o London Science Museum.
Web e redes sociais
www.anuskafernandez.com