Skip links

AY CARIÑO!

© Henrique Lamas

WTF! | Espectáculo de rúa

WTF! é unha fuxida cara diante, o correr pavoroso de dúas criaturas chegadas á Terra dende un planeta lonxano e estrano. Ou simplemente diferente.  

É unha explosión. É un carnaval. É un disparate.

É unha expresión de shock convertida nun absurdo de ritmo frenético. Unha mestura de xogo e movemento que dende a cor e o brillo cristaliza unha idea quizais sinistra tras a néboa da festa: por que corren estas dúas criaturas? Que ven que lles fai fuxir sen pausa cara diante? Que lles aterra tanto?

 

Compañía: AY, CARIÑO!

Creación e interpretación: Cris Vilariño + Diego M. Buceta

Espazo sonoro: Acacia Ojea

Vestiario: Marte Martinka + AY, CARIÑO!

Rexistro audiovisual: Henrique Lamas

Distribución: AY, CARIÑO!

Obradoiro coa Asociación Sonlilá

Esquece por un intre o teu corpo terrestre. Trata de imaxinarte como outra cousa. Permítete por un momento moverte fóra do común, de maneira estrana e fermosa, irrecoñecible.

Baseándonos en diferentes técnicas como o body weather ou a improvisación, propoñemos unha sesión na que a través de diversas prácticas creativas e de movemento dar cabida a todos os corpos que habitan en nós. De xeito desenfadado, sen prexuízos, co único obxectivo de xuntarnos, desfrutar e descubrir novas facetas do noso propio movemento.

 

Sobre AY CARIÑO!

AY, CARIÑO! somos CrisVilariño e Diego M. Buceta, creadorxs e intérpretes no eido da creación contemporánea que despois de anos vinculadxs tanto no profesional coma no persoal decidimos cristalizar o noso desexo de traballar xuntxs ao abrigo deste proxecto conxunto.

AY, CARIÑO! nace coa enerxía dunha festa de disfraces, coa vocación creativa de afondar nunha linguaxe persoal atravesada por diversas técnicas corporais, a modo de caleidoscopio. Ademáis da creación artística, o noso proxecto enfócase tamén á intervención social e ao bo trato, colocando os coidados no centro do noso traballo e organización.

Iniciamos este percorrido coa estrea en abril de 2024 do noso primeiro espectáculo de sala Millo Vello no Teatro Ensalle de Vigo, e en maio verá a luz WTF!, espectáculo de rúa de pequeño formato, dentro da programación do festival de danza na Costa da Morte Escora.

 

Redes sociais

AY CARIÑO!
Diego M. Buceta
Cris Vilariño