Edición 2024
Voltamos á Costa da Morte!
Xa comezan os preparativos de ESCORA 2024, en diálogo con concellos de Camariñas, Carnota, Corcubión, Mazaricos e Zas.
A mediados de outubro de 2023, voltamos á Costa da Morte coa intención de coñecer ás persoas e proxectos que dinamizan, activan e habitan este territorio. Este desexo de atoparnos e empaparnos do contexto é precisamente para deseñar un proxecto (que sucederá en maio de 2024) que atenda á realidade das veciñas e veciños dos concellos que participan nesta nova edición.
Ademais das reunións que marcamos de xeito directo con diferentes asociacións, colectivos e persoas destes cinco territorios, animámoste a que, se es habitante, veciña, ou se tes un forte vínculo cos concellos de Camariñas, Carnota, Corcubión, Mazaricos e Zas e te sintes chamada polo proxecto, te poñas en contacto con nós a través do noso email escoradanza@gmail.com.
Estamos desexando coñecernos!
