Skip links

Julia Laport

Extender como si pudiera | Espectáculo de rúa

Extender como si pudiera é un encontro poético entre o corpo e a alma da artista e os corpos que observan. Unha invitación ao observador para entrar na intimidade da súa superficie e un intento de saír e mostrarse máis alá dos seus límites.

Extender coma se puidese saír de min, para deixarche entrar a tí para que así non me deixes aquí soa. Borrar os límites da miña pel e vivir na agonía dun ser ilimitado. Desfacerme da miña carne e dos meus ósos para saír máis aló dos meus dedos, entrar nas miñas costelas e atopar que hai detrás, no fondo, máis dentro, noutro plano, noutros ollos, ao fondo da gorxa.

Esta é a primeira proposta en solitario da bailarina e creadora Julia Laport. Tras 5 anos como codirectora da compañía Elahood, Julia comeza o seu primeiro proxecto individual co asesoramento do psicoanalista e filósofo brasileiro Igor Teo. Esta investigación explora os límites e o illimitado no corpo. Busca poñer o corpo no borde. Poñerse no borde do corpo. Na capa máis externa anterior ao outro. Levar a alma á superficie da cara, dos dedos e da pel. Levar o corpo ao límite que o separa do que non é corpo, explorando así que hai máis alá do límite. Esa liña infinita que separa aquí de alí, o profundo do leve.

Sobre Julia Laport

Julia Laport é unha intérprete e creadora galega baseada na Coruña. Comeza a súa formación en artes escéncias na súa cidade natal sendo unha nena e en 2011 emigra a Londres onde se empapa da cultura urbana, nutríndose de disciplinas como o Popping, Hip Hop, Vogue, House ou Waacking durante cinco anos. No últimos sete anos especialízase no estilo de danza club Waacking viaxando a cidades como Seúl, París, Milán, O Porto ou Madrid para formarse e participar en eventos desta disciplina

En 2017 forma xunto con Sabela Domínguez a compañía Elahood coa que produce, dirixe e interpreta espectáculos para teatros e espazos non convencionais. En 2021 son galardoadas co primeiro premio e premio da crítica no 35º Certame Coreográfico de Madrid e a mellor espectáculo na Plataforma Diálogos Contemporáneos do Festival DZM coa súa obra Intempestiva. Con esta peza para espazos non convencionais e coa súa última produción para teatros e auditorios , viran por teatros e festivais de todo o país chegando a cidades como Barcelona, Madrid, Valencia, Sevilla, Bilbao, Tenerife, Valladolid, Cádiz ou Zaragoza entre outras. Actualmente asumiu a dirección do espectáculo É Difícil Fotografar o Baleiro do Colectivo D’Elas que se estreará o próximo Abril de 2024.

 

Web e redes sociais

www.amarelo.es/extender 

Julia Laport

Amarelo