Skip links

A Artística

Cando marche non vou pechala porta | Espectáculo de rúa

“Nun mundo no que non houbera causa efecto… o impredecible sería o cotiá…non perderiamos o tempo en saber se un feito é unha acción, ou unha reacción, un mundo no que cada palabra se di para ese momento…”

‘Los sueños de Einstein’

Alan Lightman

 

Cando marche non vou pechala porta é unha peza na que se propoñen accións ou reaccións testadas a tempo real nos corpos de uns seres nun espazo e nun momento concreto, calquera cousa pode pasar ou non, o tempo contaralo.

 

Obradoiro “O meu tempo” 

O tempo como un momento presente

O obradoiro artéllase a partires de bloques temporais nos que descobrer o corpo cotía, as accións simples no noso corpo nun agora definido. O espazo que transitamos entre un momento e outro sen nos decatar. Cómo o percibe o corpo? Como móvese nese intervalo? Como é o meu tempo corporal? Todo isto nun agora irrepetible.

Sobre A Artística

A Produccións Artísticas arranca no 2010. O seu proxecto abrangue creación, producción, formación, difusión e investigación no eido das artes perfomativas (linguaxe teatral e dancística) enmarcadas nun facer contemporaneo. Durante estes catorce anos materialízanse espectáculos, colaboracións con outras entidades e diversas intervencións, performances, así coma participación en festivais.

Algúns dos seus espectáculos son De pé crebado (2018), Illas Atlánticas (2014) e Arquitectura da emoción (2013). Tamén teñen creado e colaborado para Creación escénica proposto pola Sala Artika, unha reflexión sobre o xénero a partires do conto “Zapatos de tacón alto” do escritor mozambiqueño Mia Couto no 2020, coa ONCE (Pontevedra) cun taller de experiencia escénica no 2019 e en intervencións e performances como a dirección da proposta Espazo en espera para o MARCO (Museo de arte contemporánea de Vigo).

 

Web e redes sociais

www.aartistica.net