Skip links

Mevadeus

Henrique Lamas

Transparentar | Espectáculo

45 minutos

 

Transparentar é unha peza de danza que se prantexa unha pregunta principal. A Xeración de Cristal é fráxil ou transparente? Cuestión da cál emerxen outras que teñen algo en común, a chamada Xeración Z ou Xeración de Cristal (formada por persoas que naceron  entre finais dos anos noventa e dos inicios dos 2000) que pon o foco en diversos problemas sociais coma as enfermidades mentais, o uso das novas tecnoloxías,a sexualidade,etc. Os corpos amosarán en escena a súa fraxilidade, permitindo que se vexa a través deles. Deixando pasar a luz e o recoñecemento, o que os conforma e deforma.

Deixarnos ver.

 

Creación e interpretación: Bal Castro e Inés Santos

Técnico de son: Javier Castiñeira

Axudantía de movemento: Xián Martínez

Producción musical: David Lois

Co apoio de Colectivo RPM, Salón Teatro e a Cidade da Cultura.

Obradoiro I.E.S. Maximino Romero

Neste obradoiro  realizaremos unha serie de exercicios e xogos corporais relacionados ca propia palabra transparentar. É dicir facerse visible, deixar ver a través de un corpo. É un taller no que traballaremos en como identificar a plástica corporal de cada un dentro dun grupo, sen importar a idade, xénero ou etnia. E atopar a maneira de TRANSPARENTARSE. Un espazo de reflexión que ten coma finalidade achegar a danza a toda a xente que queira descubrir a súa linguaxe corporal propia, mediante o xogo e a investigación, sen pretensión da forma nin do resultado. 

 

Sobre Mevadeus

Mevadeus  é unha nova compañía de  teatro físico que emprega o corpo e o son como ferramentas de expresión e experimentación co fin de tratar temáticas nas que se vexa reflectida a realidade e preocupación da súa xeración. A chamada xeración  Z,unha mocidade moitas veces silenciada e que con todo está fortemente implicada na loita social de todos os colectivos que sofren violencia na nosa realidade. Creando un teatro que busca o íntimo, que conecta a todas as persoas a través dun discurso propio, honesto e reivindicativo. Mevadeus está formado por  Bal Castro, Inés Santos, Brais Pombo e Mara Neira

Web e redes sociais

https://www.mevadeus.com/

Mevadeus