Raquel Ferradás
© Javi Costela
MESURA | Espectáculo de rúa
MESURA, do latín medida. A gran virtude da templanza, de ter os pés na terra, do terreal. De entrar en bucle, convivir cos nudos do estómago e erguerse a diario da forma máis elegante. Da calma dentro do caos e a tranquilidade na intimidade. Da paz de estar cunha mesma, do disfrute e o medo da soedade. Da revelación e o perfeccionismo. Do AFOGO que produce non ter todo controlado. A vida fala e estamos en constante cambio, na búsqueda do equilibrio, sen pasarnos de máis nin de menos. MESURA báilalle á espera en diferentes momentos da vida. En xeral, á inquietude e preocupación que xenera. Soster, refuxiarse no movemento, adaptarse ás transicións e avanzar. Comenzar de cero é sobrevivir no presente. Non hai pasado no cero. Hai que saber convivir coa espera para ver o mundo aos ollos.
Dirección, coreografía e interpretación: Raquel Ferradás
Colabora: Media Punta Vigo
Vídeo e foto: Javier Costela Vázquez
Acompaña: Da Man – AMARELO Distribución Escénica – Centro
Coreográfico Galego – Xunta de Galicia – Manu Lago
Produce: AMARELO Distribución Escénica
Creación apoiada por Da Man, proxecto de AMARELO Distribución Escénica e Manu Lago patrocinado pola Xunta de Galicia a través do Centro Coreográfico Galego.
Obradoiro co Clube de Fútbol de Carnota
O obradoiro propón bailar dende o xogo, dende a fisicalidade tanto de forma individual como en grupo. Faranse diferentes xogos e exercicios de forma repetitiva para entrar en materia, cambiando as calidades, atentos aos reflexos, a rápidez… e coa finalidadde de chegar a máxima liberdade de movemento. Bailar e disfrutar da danza, sen xuicios, deixándose levar pola música e o movemento e pasar un bo rato.
Sobre Raquel Ferradás
É bailarina e docente de danza contemporánea e moderna. Formada no Conservatorio Carmen Roche en Madrid (2017) e o Grao Elemental de Ballet Clásico nos Consevatorios Coppelia e Mayeusis de Vigo, complementando a formación con monográficos de coreórafas e creadoras de primeiro nivel nacional e europeo. Actualmente coproduce Mesura, un solo para rúa, con Amarelo Distribución Escénica tras o programa de acompañamento a emerxentes Da Man, que será estrenado en maio 2024. Baila ou bailou, entre outros espectáculos, en: O Salón dos pasos Perdidos de Paula Quintas Cía desde 2023. Mi me conmigo da Cía La Galga, 2023 Ludo da Cía La Galga, 2021 Entre almendras anda el juego de Aracaladanza, 2022 El Viaje de Cía Ballet Carmen Roche, 2016- 2018 Recreo de Cía Ballet Carmen Roche, 2016-2018 Foi gañadora do Certame Coreográfico Compostela 2021 coa peza Ludo de Cía LaGalga e gañadora do Certamen Carmen Roche co dúo De mayor quiero ser… e Los puntos suspensivos que decidas con Lydia Martínez