Skip links

Conversa | Quenes son as artistas?

Autoría Paulina Funes

Conversa | Artista quen?

Vivimos nun contexto onde a cultura rodéanos e empápanos case sen decatarnos. Quen implica o seu tempo en acompañar artísticamente as nosas vidas?

 

Artista quen? É unha conversa que pon en cuestión a definición de artista. Ser artista pode chegar por varias vías: mentres unhas persoas escollen este camino de forma premeditada e fórmanse para adquirir esta condición, outras persoas descubren a súa capacidade artística case de maneira inesperada. 

Preguntámonos: A creación cambia cando ten un fin profesional? 

É certo que segue a existir unha gran fenda entre a arte como ferramenta cotiá ou como obxecto de traballo; pero non se trata de atender ás diferencias, se non de descubrir o que as persoas presentes nesta mesa comparten. Que razóns levaron a estas persoas a desenvolver o seu universo artístico? 

 

Nesta conversa interveñen distintas persoas con relacións diversas coa arte. Por un lado temos a Alejandra Balboa e Diego Buceta, bailarinas e creadoras profesionais; a Pablo López artista visual e xestor cultural; Manolo do Canle, xubilado e artista de maquetas; mediado por Marcia Vázquez, creadora e bailarina.