Skip links

LA MACANA

Autoría Germán Antón

VEN | Espectáculo de rúa

15 minutos

 

Sinopse

VEN é a primeira coreografía da parella formada por Caterina Varela e Alexis Fernández coa que se iniciou a traxectoria internacional da súa compañía La Macana. Estreada en 2008, foi programada en teatros e festivais de máis de trinta países en quince anos de xira, e foi premiada en distintas ocasións. 

Bailado por ambos, este dúo fala do amor en maiúsculas, do equilibrio e das tensións entre dous corpos a lo longo de 15 minutos intensos cheos de forza e intimidade.

Coreografía e interpretación: Caterina Varela & Alexis Fernández

Música: Einstürzende Neubauten

 

Obradoiro para o alumnado de 3º e 4º da ESO do IES Lamas de Castelo

Nesta práctica para adolescentes, a parella formada por Caterina Varela e Alexis Fernández da compañía de danza La Macana, compartirá distintos exercicios e xogos de coordinación para aproximarse á danza contemporánea dende unha perspectiva que recoñece a sabiduría dos nosos corpos, de todos eles. A partir de distintas pautas –para un traballo individual, por parellas e por grupos–, a intención desta sesión práctica é a de facernos confiar na nosa capacidade para movernos en relación cos outros, sen pensar no que se ve, se non no que se sinte.

 

Compañía

La Macana é unha compañía de danza con sede en Galicia, creada en 2009 por Caterina Varela e Alexis Fernández. Ela é bailarina, coreógrafa, produtora e directora de diversos proxectos de impulso á danza en España e el é un recoñecido bailarín e coreógrafo de orixe cubana. Recibiron diferentes premios e puideron presentar os seus traballos en circuítos internacionais, aparecendo en trinta países e colaborando con diferentes teatros europeos. A obra de La Macana parte a miúdo de fontes autobiográficas, cunha compoñente física moi intensa e buscando unha estreita relación co público.

 

www.lamacana.es