PAULA QUINTAS
Autoría Manuel Vicente
SET | Espectáculo de rúa
35 minutos + 30 de sesión Dj
Sinopse
SET é unha pieza multidisciplinar onde a danza contemporánea e a música en directo xogan nun espazo compartido.
Novos comportamentos e cinética social onde a protección é invisible como mediador da distancia social.
A través da tecnoloxía e os límites sociais SET propón un xogo interactivo sen contacto.
#Playingexperience #Playinglimits
Ao final rematará cunha sesión DJ por Nacho Muñoz (músico orixinal de SET).
Dirección: Rut Balbís
Creación: Rut Balbís e Paula Quintas
Interpretación: Paula Quintas e Nacho Muñoz
Música orixinal e músico en escena: Nacho Muñoz (Parkour Sonoro)
Vestiario: Fany Bello
Distribución: Belem Brandido- Pistacatro Productora de Soños S.L e Manu Lago -Galicia Danza Contemporánea
Colaboran en produción: Centro Sociocultural Almáciga · Concello de Santiago de Compostela e NORMAL · Universidade de A Coruña
Axuda a xira: Agadic – Xunta de Galicia
Obradoiro aberto ao público
A liña recta é o percorrido mais curto entre dous puntos. O estudo das posibilidades físicas, gravidade, suspensión, inversion, flexión, torsion…. Através de la danza contemporánea plantexaremos principios básicos do movemento, asi como xogos entorno a un elemento inusual unha pelota onde podemos experimentar co noso corpo e en comunidade.
Aire chan, traballan como dúas forzas da mesma intensidade chegando a un encontro común.
Compañía
Créase en 2017, onde os seus traballos destacan pola estética do corpo en diálogo co movemento, xerando un compoñente visual e circunstancialmente audiovisual. Os seus últimos espectáculos como creadora son O salón dos pasos perdidos (2023), Multiperspectivas (2021-2023), Nina Ninette (2021), SET (2020), Alma (non é hippie) (2019), Plastic (2018), Analepsis (2017), Up2down (2015).No caso de SET foi seleccionada para o catálogo Danza Escena 2021, tendo unha xira ampla en ámbito nacional.Unha parte da actividade desta cia xéranse en coprodución Marta Alonso Tejada tendo varios espectáculos en cartel.