Skip links

IVÁN VILLAR & ESTEFI GÓMEZ

Obradoiro de creación dirixido ás asociacións de música e danza tradicional do Concello de Carballo

Un obradoiro de creación colectiva onde se traballará a naturalidade individual e grupal de cara a formar secuencias sen necesidade de memorización.

A través do xogo colectivo, sorprenderse  ao ver cómo corpo e mente se desenvolven en diferentes situacións, aceptando as limitacións individuais e cualidades sen máis fin que a de coñecerse a unha mesma, sentir e compartir en conxunto.

 

Iván Villar

Titulado profesional de danza contemporánea polo conservatorio de Lugo e titulado en flamenco por APDE. De 1996 a 2006 forma parte do Ballet Galego Rey de Viana. Traballou co Centro Coreográfico Galego en Vacuo. Coreografía en 2008 o espectáculo Miniaturas para a compañía Entrecaixas, conseguindo o premio José Manuel Garrido no Maratón de danza de Madrid. 

Incorporouse á compañía Nova Galega de Danza en 2009 nos espectáculos Tradicción, Dez, Son e Leira. Recibiu o Premio MAX a mellor bailarín en 2021.

 

Estefi Gómez

Titulada en Danza Clásica polo Conservatorio de A Coruña. Co-directora e docente en Artestudio formación. Co-dirixe a Cía Exire e forma parte do equipo de dirección artística do Festival de Danza Quincegotas na Coruña. Conta con ampla experiencia como intérprete e formadora, participando de diversos proxectos artísticos e educativos dentro da  comunidade. Colabora como como intérprete para as compañías Nova Galega de Danza e Kirenia Danza.