Skip links

CÍA EXIRE

Nexos | Espectáculo de rúa

18 minutos

 

Sinopse

NEXOS desvélanos a complicidade que existe entre dúas persoas, as súas memorias compartidas, a busca incesante desa lembranza que as sostén no tempo. Percorrido polos momentos que quedaron gravados no noso corpo e deixan ver adous seres reais,

imperfectos, peculiares, fermosos…

Soltamos o peso da mirada dos outros e recoñecémonos para amosar o que escollemos ser. Á fin e ao cabo, desfrutar de ser un mesmo, a única persoa coa que se está obrigado a vivir.

 

Creación e interpretación: Cía. Exire (Alba Fernández y Estefanía Gómez)

Asesoramento Coreográfico: Chey Jurado

Vestiario: Milos Cotelo e Cía. Exire

Produción e distribución: Artestudio Xestión Cultural

 

Sobre a Cía Exire

Exire é unha compañía de Danza Urbana e Contemporánea que reside na Coruña. Ten máis de 10 anos de experiencia en artes escénicas, xirando por toda a xeografía galega dende o 2006. Está formada polas creadoras Estefanía Gómez e Alba Fernández.

Actualmente a compañía ten varios espectáculos en activo, tres de Danza Contemporánea, Experimental: FUGACES, NEXOS e ON (éste ultimo Premio Sólodos en DanzaOurense 2017, Premio do público e xira por Costa Rica e Premio á Mellor Interpretación na III Plataforma Diálogos Contemporáneos do Festival DZM de Cáceres) e outros dous de Danzas Urbanas.

A compañía gañou coa súa peza NEXOS, o premio á «Mellor coreografía» na Plataforma Diálogos Contemporáneos 18Festival DZM de Cáceres.

 

www.exirecia.com