Skip links

FURIA SOTELO

Rubén Vilanova

Camiños que parten | Espectáculo de rúa

20 minutos

 

Sinopse

Camiños que parten é unha viaxe a través dos elementos naturais que serviron de inspiración, guía e material sonoro para o último disco de Mounqup, “Aquelarre”.

En Camiños que parten escolléronse o vento, as rochas, os ríos e a cinza como guía para a viaxe purificadora destas tres mulleres. Como inspiración as mulleres do campo galego. Mulleres fortes que crian aos seus fillos nun entorno no que conxugan as súas aspiracións personais co traballo interminable preciso para manter o seu fogar, cortar a leña, anticipar estacións, manter a horta…

Nuria Sotelo | directora, coreógrafa e intérprete 

Lena Vilanova | intérprete

Camille Hedouin | cantante e compositora 

 

Obradoiro de danza “Camiños que parten” dirixido ao alumnado da Escola Municipal de Danza e ás súas familias 

Os obradoiros en familia constitúen unha oportunidade para que maiores e cativos aprendan os uns dos outros dun xeito lúdico e aberto; favorecendo a creación de vínculos dentro da familia e con outras familias. Desenvolverase cun trato persoal e cercano que favorecerá a comunicación.

O obradoiro consta de tres partes diferenciadas de xogo, aprendizaxe e relación, nas que se favorecerán as relacións intrafamiliares e interxeracionais por unha banda e a relación entre iguais pola outra.

 

Sobre Furia Sotelo

Veterinaria conversa, bailarina, coreógrafa, fundadora e directora artística da compañía de danza- teatro Furia Sotelo, anteriormente Licenciada Sotelo, docente no eido do movemento, traballadora no ámbito social das artes, impulsora e coordinadora do espazo de creación artística e acción social no rural A Casa Vella en Amiadoso no Concello de Allariz.

No seu afán por colaborar co desenvolvemento artístico do territorio, centrou o seu traballo en Galicia. Como intérprete ten traballado en compañías de danza e de teatro como son o Centro Coreográfico Galego, Femme Fatale, Experimentadanza, Teatro Resoante, Elefante Elegante, Aporía Teatro, Cía.Mikel Arístegui. Dende 2013 forma parte do elenco habitual de Matarile Teatro.

Os espectáculos de Furia Sotelo teñen a súa base no corpo e o movemento cunha ollada multidisciplinar. Teñen sido apoiados pola AGADIC, O Festival ALT de Vigo, O Festival Escenas do Cambio ou Corpo(a)Terra. Participando en programacións nacionais e internacionais.

Premios
2017 Premio Maruja Villanueva de Interpretación Teatral
2017 Premiada como coreógrafa no Certame Coreográfico de Madrid coa obra “Ensaio amor”