Skip links

DANIEL RODRÍGUEZ

Coral Alonso Fotografía

A raíz de | Espectáculo de rúa

12 minutos

 

Sinopse

“O corpo, ese instrumento capaz de facer vivir hoxe as historias de onte e de permitir que nun único ser, onde habitan pasado e presente, dialoguen tradición e contemporaneidade para construir un discurso de futuro”.

A raíz de nace gracias a tradición galega, mediante o canto, a música e a danza tradicional e a procura do seu diálogo coa danza contemporánea. Nesta peza conséguese unha simbiose entre estas dúas linguaxes e os seus contextos, acercando o pasado ao presente, achegando a tradición ao público actual favorecendo un maior vínculo de este coa danza contemporánea e a danza de Raíz.

 

Idea orixinal, coreografía e interpretación: Daniel Rodríguez

Edición de espazo sonoro: Raúl Ben

Espazo sonoro: Aida Tarrío, Crnds, Manuele Pardo, Baiuca

Deseño de vestuario: Abel Casal

Co apoio de: Colectivo Banquet

Agradecementos: Vicky P. Miranda, Artur Puga.

 

Sobre Daniel Rodríguez

Bailarín e creador galego graduado polo Conservatorio Superior de Danza María de Ávila de Madrid. Gañador do festival SóloDos en Danza Ourense 2022 coa súa obra “A raíz de” a cal levará de xira por Costa Rica en 2023. Como coreógrafo traballou para o grupo de música Tanxugueiras ou o cantante Mondra, do cal é director artístico.

Actualmente forma parte da Cía Daniel Abreu na súa obra «Dalet (Da)», da produción «Demente» de Carla Diego Luque para Fran Sieira e co-dirixe Colectivo Banquet.