Conversa | O vínculo co territorio
Autoría Paulina Funes
Conversa | O vínculo co territorio
Nesta conversa, reflexionaremos sobre o xeito de artellar espazos de encontro veciñal que atendan ás preocupacións colectivas do territorio. Imaxinaremos accións artisticas e culturais con intereses sociais e medioambientais a través das que xerar espazos de colectividade. Analizaremos o acto de asociarse como unha maneira de sentírmonos acompañadas na nosa identidade.
Mentres que internet e a globalización ábrense paso en todos os contextos, as asociacións, con especial atención ás necesidades da súa contorna, son cada vez máis abundantes e debuxan un mapa de colaboración cidadá que parece contradicirse á vontade do progreso dixital. Cal é a relación destas asociacións co territorio? Que tipo de actividades plantexan para que a veciñanza participe? Como viven estas asociacións o seu día a día?
Conversamos sobre a potencia do asociacionismo cos axentes locais de Camelle; Pablo López (A Casa no Alto), Fernando P. Cortizo (Asociación Naufraxios Galegos), Digna Rodríguez (Asociación Folja da Faneca) e Virxinia Barros (Asociación Mar de Fábula). Mediado por Sabela Ramos (mediadora e xestora cultural).