ANUSKA FERNÁNDEZ
SET | Espectáculo de rúa
Obradoiro de danza
Alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria do CPI Plurilingüe de A Picota
Descubriremos algúns conceptos e técnicas básicas da danza contemporánea, para introducir esta forma de danza e expresión á cativada, co fin de explorar e ampliar as súas capacidades físicas, creativas e expresivas, a través do movemento.
O obradoiro divídese en tres partes; quecemento, técnicas de danza contemporánea (traballo de chan ou improvisación) e composición, incluindo elementos do taller para crear unha pequena coreografía de danza contemporánea.
Anuska Fernández
Inicia a sua eclética formación en ballet e flamenco.Estuda danza contemporánea e coreografía na Middlesex Universitty de Londres, ampliando os seus estudos académicos cun postgrado en teatro físico na Royal Holloway Univesitty of London, ademáis de adquirir paralelamente formación como profesora de Pilates e Ioga entre Londres e a India.
Como coreógrafa e bailarina presenta os seus traballos en teatros pioneiros na danza contemporánea londinense como, The Place, Lilian Baylis Studio, ou Independent Dance. Desenrola proxectos de danza en comunidade e inclusiva.
Nos seus vintecinco anos de experiencia no mundo da danza en uns vinte na ensinanza crea e participa en numerosos talleres da danza e pedagóxicos e para persoas con diversas idades e capacidades. Na actualidade imparte clases de Ioga, Pilates, danza compemporánea, para adultos e danza e movemento para personas maiores no concelllo de Mazaricos.