Camelle, Camariñas
Sábado 17 de xuño
Programación Concello de Camariñas (Camelle)
Dúas semanas de residencia artística, do 5 ao 17 de xuño, no Museo Man de Camelle en colaboración con A Casa no Alto.
Proxecto residente Cando lle permito ao corpo aquilo que digo de Alejandra Balboa
Sábado 17 de xuño
Conversa “Artista quen?”
11:30 | Paseo Marítimo de Camelle, diante do Palco da Música.
Conversa mediada por Marcia Vázquez coa participación de Isabel García González (Retoque Retro), Manolo do Canle (artista de maquetas), Pablo López (Artista visual e xestor cultural), Alejandra Balboa(Artista) e Diego M. Buceta (artista).
Limpeza de praias en colaboración coa Asociación Mar de Fábula.
12.30h | saída do Paseo Marítimo de Camelle, diante do Palco da Música
Conversa “O Vínculo co territorio”
19.00h | Paseo Marítimo de Camelle, diante do Palco da Música
Conversa mediada por Sabela Ramos coa participación de Pablo López (A Casa no Alto), Fernando P. Cortizo (Asociación Naufraxios Galegos), Digna Rodríguez (Asociación Folja da Faneca) e Virxinia Barros (Asociación Mar de Fábula).
Mostra do proceso Cando lle permito ao corpo aquilo que digo de Alejandra Balboa e encontro co público
20.00h | Paseo Marítimo de Camelle, diante do Palco da Música
* Actividades de balde sen necesidade de inscrición previa.
** En caso de choiva, Museo Man de Camelle