Ma P´tite Dame
Espectáculo de sala · 42 min
A través de tres variacións sobre o tema do envellecemento e o lento silencio que se instala en torno ás persoas maiores, Claire Heggen intenta aproximarse á dimensión poética, estética e incluso humorística do envellecemento fóra das representacións e expectativas actuais.
En 2025 celebra o seu aniversario profesional: 50 anos de investigación sobre a teatralidade dun corpo en movemento. Nesta ocasión, quere amosar o corpo esculpido dunha persoa que envellece.
Estrea en Galicia
Posta en escena, dramaturxia, escritura xestual e performance: Claire Heggen
Perspectivas externas, testemuñas privilexiadas: Jean-Claude Cotillard · Elsa Marquet-Lienhart
Miradas cómplices: Pauline Thimonnier · Carine Gualdaroni
Construción de marionetas: Alma Roccella · Ninon Larroque · Arnaud Louski-Pane
Creación de vestiario: Jean-Jacques Delmotte · Marion Robillard
Deseño e produción de iluminación: Carine Gérard
Creación musical: Eléonore Bovon
Produción: Compañía Claire Heggen · Théâtre du Mouvement
Apoio: Consello Departamental do Val-de-Marne (Programa de Axuda á Creación de Empresas 2024)
Coproducións: Théâtre Antoine Vitez · Escena de Ivry · L’Odyssée (Scène Conventionnée d’Intérêt National de Périgueux) · Centre Dramatique National de Normandie-Rouen · Espace Jéliote (Centre National de la Marionnette à Oloron Sainte-Marie)
Co apoio de: La Nef · Le Mouffetard (Centro Nacional de Títeres) · Le Tas de Sable (Ches Panses Vertes, Centro Nacional de Títeres) · MAPA (Academia Móvil de Artes Escénicas) · La Granja de Trielle · Nicole Pinaud-Blum · Marc Blum
Claire Heggen é a directora artística da Compagnie Claire Heggen – Théâtre du Mouvement, unha compañía de investigación e creación. Tamén é autora, actriz e directora.
Como profesora, desenvolve habilidades interdisciplinarias a través de estéticas contrastantes. Creou espectáculos presentados en máis de 60 países, ofrecendo unha estética do movemento teatral en constante evolución que combina mímica, teatro físico, danza, teatro de títeres e teatro material. Traballa tamén na intersección das artes no marco da Fondation des Transversales.
Cofundou e codirixiu, xunto con Yves Marc, o Théâtre du Mouvement entre 1975 e 2017, e impulsou o Groupe de Liaison des Arts du Mime et du Geste (GLAM). Impartiu formación en múltiples institucións internacionais (París III e VIII, UQAM Montreal, TNS Estrasburgo, Institut del Teatre de Barcelona, entre outras) e, dende 1988, forma parte do profesorado de ESNAM.
Cabaleiro da Orde das Artes e as Letras, recibiu en 2015 o Premio de Transmisión do Instituto Internacional da Marioneta. Dirixe as formacións Le corps – scène e coprograma os obradoiros da Ferme de Trielle, apoiando tamén a artistas emerxentes nos seus procesos creativos.
A súa última creación, O Inventario Animado / Conferencia Animada (2021), propón unha exploración da súa práctica a través de demostracións, fragmentos escénicos e xogos metafóricos que revelan unha filosofía do xesto e unha dramaturxia do intermedio.
Hiranya
Espectáculo de sala · 35–40 min
“Hiranya” presentase como un dispositivo escénico que combina ciencia ficción con arte contemporánea, onde danza, intelixencia artificial , música, creación visual, escenografía e iluminación se aúnan para reflexionar sobre o mainstream, a cultura pop, o fanatismo e a espiritualidade dende unha perspectiva milenial; onde a linguaxe coreográfica dialoga estreitamente coa música experimental e urbana, xerando un marco estético híbrido, capaz de por en tensión as categorías de culto, do popular e das novas tecnoloxías.
Reflexiona sobre os avances tecnolóxicos e seu papel no cotián, nas relacións sociais, nos gustos da xente e como é o sentimento de pertenza dunha sociedade marcada pola cultura dixital, as pantallas e o fenómeno fan.
Dirección artística: Eva Comesaña
Bailarina e intérprete: Eva Comesaña
Composición e producción sonora: Marcos Alonso
Artistas visuais: ISEEFACES
Escenografía: As Dúas e Punto
Vestiario: Petra Iglesias
Deseño da interacción: Macarena Palacios
Espectáculo seleccionado para as residencias artísticas de Escora 2026 na Casa de Cultura de Vimianzo, en colaboración coa concellería de cultura do Concello de Vimianzo.
Proxecto enmarcado dentro do Programa Tapete Común de Casas de Creación entre A Casa Vella e o espazo Eima Creació. Proxecto apoiado polo INAEM a través das axudas á danza, á lírica e á música 2025. Actividade subvencionada polo Ministerio de Cultura.
Eva Comesaña, bailarina e creadora viguesa. Entra en contacto coa arte a través das danzas urbanas, máis concretamente co Hip Hop e todo o movemento artístico que o rodea. Pronto chega a danza contemporánea á súa vida para quedarse, fórmase con diferentes mestres e en 2023-24 fai o programa de formación profesional en danza contemporánea, Oficina Zero en O Porto.
Ten varias creación propias coma o solo "TerraFIRME", oda dancística ás ancestras que traballaron mar e terra; estivo en residencia na Casa do Alto en Camelle e o presentou na 1º edición do Festival Escora. O seu último traballo "Perder a lingua" obtivo a axuda a nova creación da Xunta de Galicia en 2024.
Sempre atravesada polo territorio e o que nel acontece para porlle corpo e movemento, en compañía doutras artistas para crear. Adicase tamén á xestión cultural comezando co colectivo feminista de artistas 85C e actualmente forma parte dos proxectos Teatro Gorrilla e Macarena War.
Marcos Alonso, productor musical, creador audiovisual, mediador intercultural na Asociación Galega de Adopción e Acollemento Manaia, tatuador e grafiteiro madrileño. A súa carreira profesional comeza en 2009 formando o seu propio grupo de rap H.Ilimitados, xunto ao poeta Pablo Urizal con quen leva 5 álbumes publicados. Dende fai 5 anos ten o seu propio estudo onde produce a diferentes artistas e colabora con outros proxectos artísticos.
“Do mainstream á orixe: contextualizando o trend dende a danza e a música”
Eva e Marcos achegan á mocidade a produción musical e a danza dende o Hip Hop, analizando os sons e bailes actuais para conectalos coa súa orixe (collendo o trap e reggaeton para enlazalos co hip hop e o dancehall); facendo o mesmo coa danza (collendo os tik toks e comparándoos cos videoclips dos anos 90 onde o Hip Hop era o protagonista).
Así analizamos a evolución a varios niveis: sonoros, de movemento e estéticos; para poder facer a reflexión de como da cultura underground e de nicho pasa ao mainstream e de masas. Como o capitalismo e a industria comercializa e estandariza a cultura que nun inicio fóra reivindicativa dunha sociedade empobrecida e marxinal.
OUVEO
Espectáculo de rúa · 10 minutos
OUVEO é un berro pola dignidade artística en toda esta situación actual.
Un berro como intento de saída artística a esta nova normalidade. A defensa dos dereitos de creación. Un berro con rabia, impotencia e impulso contido que se libera a través do movemento.
O movemento é vida.
Creación e intepretación: Mikel Arístegui
Voz en Off: Miguel Pernas
Ollo externo: Noelia Toledano
Fotos: Masako Hattori, Jesús Romero e Sólodos
Agradecementos: Masako Hattori, Pablo de la Calle, Festival Herdanza, CGAC e as vacas de Gerardo.
Formado en Danza contemporanea, Clásica e folclore Europeo na Folkwang Hochschule de Essen, Alemania do 1990 ata 1994.
Primeiro premio de coreografía no VIII Certamen Coreográfico de Madrid no 1994. Dende entón realizou máis de 45 producións propias nas que traballou como coreógrafo, intérprete, produtor, director e varias veces, co-dramaturgo.
Aparte do primeiro premio de coreografía no Certamen de Madrid, Arístegui participou como coreógrafo e intérprete noutros proxectos que recibiron distintos premios e nominacións; un total de 11 premios recoñecidos internacionalmente. Traballou durante 30 anos en Alemania, Suiza e España con grandes compañías como Sasha Waltz & Guest, Dv8 Physical Theater, Sidi Larbi Cherkaoui tamén foi coreógrafo e intérprete en pezas de Thomas Ostermeier, Sebastian Nübeln, Maelle Poesy e Steven Berkoff entre outros.
Paralelamente ao seu traballo como intérprete e colaborador, M. Arístegui creou en Galicia SIL Producciones-Artes en movimiento e está traballando no festival “Xoves de Danza” e as “Residencias Os Toxedos”. Tamén traballou en proxectos tanto do Centro Coreográfico Galego no verán de 2018 e no Centro Dramático Galego con 12 actores e actrices e unha presentación ao público en xuño de 2019. Tamén en Galicia, continúa as súas colaboracións con: Licenciada Sotelo, Experimenta Danza, Sólodos danza e outros. É xurado do Concurso Nacional de Danza dende a súa primeira edición en Galicia e socio activo da PAM, Asociación de Profesionais das Artes do Movemento de Galicia, da asociación Aldear, creadora de proxectos artísiticos no rural e da asociación de Veciños San Ramón de Armariz. No 2024 creou a Ópera As Bodas de Fígaro, o afilador como un proxecto comunitario partipativo no seu concello, Nogueira de Ramuin, berce do oficio de afilador.
Corpos en movemento: xeografías do sentir
Obradoiro de danza como forma de expresión para todo tipo de corpos e posibilidades.
Traballarase a autopercepción do corpo e a forma que temos de comunicarnos con outras persoas a través do movemento, Mikel proporcionará ferramentas para poder experimentar as nosas posibilidades e desenvolver o noso potencial sexa cal sexa o punto de partida que teña cada individuo ou persoa.
Crearase un espazo seguro para as persoas con calquera tipo de capacidade ou discapacidade. Traballarase o contacto físico e emocional e deixarase que os corpos constrúan paisaxes onde sentirse libres e respetadas como persoas.
*Espazo seguro para o colectivo LGTBIAQ+
SON LIBRE
Espectáculo de rúa · 10 minutos
Despois dun paseo polo río en Nogueira de Ramuín, Clara e Mikel reflexionan sobre a liberdade dos paxaros e a de Clara cando se sente no escenario bailando.
Eses son os primeiros pasos de “SON LIBRE”, un dúo onde a cadeira de rodas de Clara é un mero obxecto e Mikel, cuberto de negro, é a imaxinación de Clara e a súa forma de voar en liberdade.
Cun texto orixinal escrito por Clara e unha composición musical que evoca ese paseo polo río, estes 10 minutos axúdannos a sumerxirnos no seu mundo e achegarnos á realidade doutras persoas.
Unha peza de e con: Clara López Villar & Mikel Arístegui
Idea e realización: Mikel Arístegui
Textos: Clara López Villar
Voz: Noelia Toledano
Música: Gabor Csongradi
Clara López Villar
Como calquera persoa con diversidade, Clara atopou moitas dificultades na vida. Aos 12 anos comeza a interesarse polas artes escénicas traballando con Carlota Pérez na compañía Experimentadanza e en festivais como Diversos, Artes pola integración, Sacra Festival e Escena Mobile.
Formouse en deseño gráfico e continúa desenvolvendo proxectos de danza e artes escénicas, entre eles o dúo SON LIBRE de SIL Producciones, onde escribe un texto sobre a liberdade desde a súa perspectiva como persoa con parálise cerebral.
Mikel Arístegui
Formado na Folkwang Hochschule de Essen (Alemaña), foi premiado no Certamen Coreográfico de Madrid e desenvolveu máis de 45 producións propias como coreógrafo, intérprete e director.
Traballou en Alemaña, Suíza e España con compañías como Sasha Waltz & Guests, DV8 Physical Theatre e Sidi Larbi Cherkaoui, e continúa impulsando proxectos en Galicia como SIL Producciones e residencias artísticas no rural.
Corpos en movemento: xeografías do sentir
Obradoiro de danza como forma de expresión para todo tipo de corpos e posibilidades.
Trabállase a autopercepción do corpo e a comunicación a través do movemento, proporcionando ferramentas para experimentar e desenvolver o potencial individual.
Créase un espazo seguro onde o contacto físico e emocional permite construír paisaxes de liberdade e respecto.
Espazo seguro para o colectivo LGTBIAQ+
As pegadas do baile
Obradoiro e presentación · Estrea absoluta
“As pegadas do baile” é un proxecto artístico que nace dende o proxecto interdisciplinario de defensa e difusión do baile, “Ven e Baila”.
Dende o “Ven e Baila” vimos respondendo a unha clara necesidade de colocar o baile tradicional galego no lugar que lle corresponde, cubrindo o requisito de crear proxectos de todo tipo para achegarnos ao público xeral.
Nesta ocasión presentamos “As pegadas do baile”, proxecto artístico dirixido a concellos, vilas, aldeas, cidades ou lugares dentro ou fóra de Galicia, que queiran destinar un cachiño do seu terreo a formar parte da expansión do noso baile, para ser defensores do coidado e da trasmisión da nosa cultura popular.
Así, Corcubión será o primeiro en concello que pon a proba as pegadas, coa presentación oficial o domingo 7 de xuño, cun obradoiro previo e unha foliada de final de tarde.
Idea orixinal e dirección: Artur Puga
Axudante de dirección: Aida Pérez
Creación artística: Iván Prado
Artur Puga é o director de Seisporoito, escola de baile tradicional que aposta pola profesionalización do sector e pola súa expansión constante, chegando xa abrir a súa primeira escola municipal ou sedes en Madrid ou Barcelona.
Tamén é profesional no sector da danza e da música, acompañando a proxectos como Fran Sieira compañía de danza, Mondra ou Tanxugueiras nos últimos anos.
Presenta recentemente o “Ven e Baila”, unha clara aposta pola defensa e difusión do baile tradicional, facendo por primeira vez unha exposición no espazo arte do Culturgal 2024 e organizando o “Ven e Baila” no Culturgal 2025.
0. Que todo volva comezar
Espectáculo de rúa · 15 min
Proceso de creación realizado para o proxecto Escora, coreografiado e dirixido por Rut Balvís durante os meses de abril, maio e xuño xunto co profesorado de AC Raigañas e as crianzas e adolescentes participantes.
Nesta peza queremos falar do mundo no que vivimos e de como o vemos nós, as/os adolescentes. Ás veces pensan que non estamos atentas ao que pasa ao noso redor, pero si que o estamos. Vemos os conflitos, os cambios na tecnoloxía e o reto do cambio climático. Todo iso preocúpanos, porque tamén formamos parte do mundo e do que está a pasar.
Pero tamén nos importan as cousas máis pequenas, que nos afectan cada día: as amizades, os cambios de humor, as dúbidas, o medo a equivocarnos e o futuro, que ás veces parece moi grande e difícil de entender.
Somos unha xeración que quere entender, que quere mellorar as cousas e que ten ganas de dar un xiro ao que non nos gusta.
Esta proposta é unha invitación a comezar de novo, a cambiar, a atreverse a facer as cousas doutro xeito. Porque nós non só formamos parte do cambio... somos o cambio.
Creación: Rut Balbis + AC Raigañas
Bailan: Alba Novo, Sara Eiroa, Mara Varela, Uxía Varela, Sofía Nantón, Marco García, Candela Lema, Sara Castro, Claudia Castro, Paula Pérez, Noa Méndez, Carmela García, Noa García, Saray Rey, Mónica Novo, Zaira Ferro
RUT BALBIS
Creadora-coreógrafa, intérprete e docente en artes do movemento. Licenciada en Ciencias da Actividade Física e do Deporte, formouse en danza contemporánea en The Place (Londres).
Dirixe dende 2004 a compañía Pisando Ovos, premiada no Certame Coreográfico de Madrid e presente en redes de teatros e festivais estatais e internacionais. Colabora habitualmente con destacadas compañías de teatro e danza como asesora e directora de movemento.
No 2019 recibiu o Premio da Crítica de Galicia e en 2023 o Premio María Casares á Mellor Dirección de Movemento.
A C RAIGAÑAS
A Asociación cultural Raigañas é unha Asociación sen ánimo de lucro que se creou no ano 1979. A A.C. Raigañas fundaméntase nos seguintes 4 pilares:
· Coidar, empregar e promover nos máis cativos o uso da nosa lingua galega.
· Coidar e manter vivo o legado cultural que nos deixaron os nosos ancestros e que forma parte da nosa identidade como galegos.
· Transmitir a cultura musical e oral ás novas xeneracións.
· Facilitar a relación entre nenas, nenos , mozas e mozos de diferentes concellos compartindo a música e o baile.
Dentro do seo da Asociación creouse unha Escola de baile e música tradicional que leva funcionando ininterrumpidamente 47 anos, nela apréndense bailes e cantigas tanto da Comarca de Bergantiños como de outras Comarcas de Galicia. Tamén vela por recuperar e manter as tradicións da súa parroquia e leva a cabo outro tipo de actividades co principal obxetivo de entreter e proporcionarlle ás socias e socios da asociación alternativas para aprender e para disfrutar.
O número de socias e socios da Asociación supera os 200. Pero benefícianse das actividades que desenrola a asociación máis de 600 persoas cada ano.
O grupo de pandeireteiras Raigañas ven de grabar o seu segundo disco. O grupo de pandeireteiras Raigañas, as vellas, poseen un amplo curriculum, participaron en varios festivais relevantes e colaboraron/an con artistas galegos coma: Mercedes Peón, Xabier Díaz, Luar na Lubre, Caamaño e Ameixeiras, Mari Carme.
SO-FA(r) from me (aéreo)
Espectáculo de rúa · 30 minutos
“So-fa(r) from me” é unha peza de danza sobre estar preto... e sentirnos lonxe.
Dúas persoas tentan facer algo tan sinxelo —e tan complicado— como compartir tempo, espazo e atención, mentres o mundo non deixa de reclamarlles cousas.
Un dúo físico e preciso que fala da convivencia, do cansazo e do esforzo cotián por non desconectarnos de quen temos ao lado.
Unha peza de danza sobre unha parella que podería ser a túa.
Interpretación: Marta Alonso Tejada e Pablo Reboleiro
Creación: Marta Alonso Tejada, Pablo Reboleiro, Marcos PTT
Coreografía e movemento: Cía Sharon Fridman (Melania Olcina Yuguero, Arthur Bernard Bazin), Marta Alonso Tejada, Pablo Reboleiro
Espazo sonoro: Mounqup, Pablo Reboleiro, Marcos PTT
Sofá: Jose Perozo & Sandra Camalea
Marta Alonso Tejada é coreógrafa, directora e performer. O seu traballo sitúa o corpo como un espazo de encontro, onde a danza contemporánea dialoga co humor, o teatro físico e a participación do público. Ao longo da súa traxectoria desenvolveu unha linguaxe propia, creando pezas para teatros, rúa e espazos non convencionais, cunha mirada centrada na experiencia compartida.
Foi galardoada con tres Premios María Casares, Premio Fetén e en 2025 converteuse na primeira coreógrafa en dirixir a Gala dos Premios Mestre Mateo para a Academia Galega do Audiovisual. Tamén traballa como directora de movemento en proxectos escénicos e audiovisuais como A Serie Clopen do Centro Dramático Galego.
Á fronte de martaalonsotejada cía, impulsa un proxecto artístico que combina creación, mediación e pensamento escénico, en diálogo con diferentes colaboradores segundo cada proceso.
Entre eles, destaca Pablo Reboleiro (pistacatro), con quen desenvolve unha liña de traballo compartida en pezas como Sofá, explorando as relacións, o humor e o cotián desde o corpo.
“Bailar pegados”... é bailar?
Un convite a moverse en relación: achegarse, separarse, coincidir e crear.
Xogarase co contacto, co peso e co equilibrio, deixando que o movemento fale, atopando corpos que se atopan, que se sosteñen e ás veces se descolocan.
Iranse creando parellas, cambiando de parella, creando pequenos grupos e abrindo o encontro a diferentes corpos e formas de estar xuntas.
Aparecerán tamén obxectos, como disparadores de creación.
Un espazo para probar, escoitar e deixarse levar, coa idea de pasalo ben.
TRAKTOR
Espectáculo de rúa · 40 minutos
Espectáculo de danza interxeracional que nace no rural e bebe da memoria compartida do territorio. A través da música, do movemento e da palabra, exploramos as relacións que tecen comunidade, os ritmos do cotiá, os corpos que revelan ambigüidade, a sorna, os rituais, as celebracións ou a idiosincrasia convértense en danza,en memoria viva. Dende o imaxinario colectivo, abrimos camiños para resignificar a tradición e crear cultura propia no presente.
*Proceso de creación realizado para o proxecto Escora, coreografiado, musicado e dirixido por Anuska Fernándes e Yas Deluaces entre febreiro e xuño xunto co alumnado de danza e a veciñanza do concello de Mazaricos.
Dirección coreográfica: Anuska Fernández
Idea orixinal: Anuska Fernández e Yas Deluaces
Música orixinal e interpretación: Yas Deluaces
Intérpretes: Anuska Fernández, Yas Deluaces e alumnas danza contemporánea
Colaboran: Grupo de pandereteiras da asociación de amas de casa de Mazaricos e de Arcos
Yas Deluaces
Yas Deluaces é unha música e artista sonora de Mazaricos. Gaiteira e compositora, graduouse en belas artes e especializouse en arte sonoro en Barcelona. O seu traballo creativo versa sobre o imaxinario galego colectivo, sobre o rural e a realidade máxica destes dous mundos. A través da oralidade e a sonoridade da música popular e experimental conecta o folclore coa memoria atemporal, co decrecer para conectar con unha mesma e coa comunidade.
Anuska Fernández
Anuska fórmase en ballet, flamenco e jazz entre Madrid e Tenerife. Especialízase en Londres en Danza Contemporánea e Coreografía na Middlesex University e en Teatro Físico na Royal Holloway University of London. Como bailarina e coreógrafa presenta obras en teatros, museos e outros espazos alternativos. A través dos seus traballos busca contar historias mesturando realidade e ficción, o cotidiá e absurdo, o tráfico e o cómico. Interésanlle as persoas, as emocións, contradicións, a poesía no corpo, a loucura, a danza como mecanismo social.
Coñécense en Mazaricos e dende alí mesturan as súas formas, para crear este espectáculo de danza e música para a súa presentación no marco da celebración de Escora, involucrando tamén as persoas da comunidade.
Obradoiro de movemento de Anuska Fernández aos coros de Cereixo e Carnés (Vimianzo)
Este obradoiro propón un espazo de experimentación, onde técnicas da danza contemporánea e do teatro dialogan para ofrecernos novas formas de movemento e expresión, co fin de descubrir unha linguaxe propia a través da improvisación, da escoita, do xesto, da voz e do son.
A Noite do Cuco
Espectáculo de rúa · 15 minutos
O Cuco acompáñate mentres o corpo aínda permanece.
Celebra a vida e entreabre as portas do alén.
Fillo do Desexo e do Soño, é a encarnación histriónica e satirizada de todalas contradiccións que nos tecen en vida.
Érgue-se nas conversas derradeiras e esváe-se co primeiro albor
Creación e interpretación: Jandross Rodríguez
Asistencia: Julia Laport
Audiovisual: Iria Casal
Música: Juan Miralles
Vestiario: Elise Abella
Apoios: Centro Coreográfico Galego, Concello de Culleredo, INJUVE (Espacios de ensayo para artes vivas), Fundación Paideia (Programa formativo para artistas da danza e as artes do movemento)
Alejandro Rodríguez, coñecido artísticamente como Jandross, é un bailarín e creador galego nado en Vilagarcía de Arousa no ano 2000. Dende pequeno recibiu formación en Hip Hop e teatro musical. A partires de 2018, a súa principal linguaxe artística é o Waacking, participando activamente na comunidade nacional e internacional deste estilo. Ao longo dos últimos sete anos, viaxou e formouse con grandes referentes en diversos eventos e cursos internacionais. Actualmente compaxina a súa labor creativa coa docencia e a divulgación das danzas urbanas e de club.
Graduado en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, centrou o seu traballo de fin de grao na construción da sentimentalidade moderna e a influencia que a música disco e a cultura de club dos anos 70 teñen sobre ela. Esta perspectiva académica enriqueceu o seu traballo artístico, onde explora a conexión entre o corpo, as emocións e a cultura popular, vinculando a danza, a fotografía e a moda.
A súa carreira como intérprete inicia en 2018, e dende entón participou en diversos proxectos, incluíndo o musical Cats e proxectos audiovisuais para artistas galegos emerxentes. Leva tres anos xirando co artista Mondra, actualmente como intérprete na súa xira De Ronda. A súa principal motivación como artista é a creación, e recentemente iniciou o proxecto A noite do Cuco, unha obra en proceso que reflexiona sobre o loito e as tradicións asociadas no presente.
Sesión DJ
90 minutos
WG83 naceu en Bogotá, Colombia, pero é en Pereira "Cidade do Techno", onde viviu a gran parte da súa vida. É nesta cidade onde entra ao mundo do música club no 2006 participando en diferentes espazos, emisoras e clubs, desenvolvendo o seu oído e a súa visión artística.
Dj da escena club alternativa, enfocado principalmente no son House, Electro, (Breaks) Acid, Electrónica e Techno.
Actualmente, vive nun recuncho de Galicia, en Mazaricos, traballando no selo independente 110Momias marcas e sendo parte tamén do selo FamilY House.